CC.OO-OTIS GALIzA > INFORMACIÓS EN GALEGO
index | cc.oodeGalicia | fed.estatalMetal | galiza nova | primeira linha | |    

Ramón Mañana, coordinador de cc.oo-otis Galiza. Traballa na Dirección da Zona de A Coruña (Zardoya Otis)

nº contacto

639 613 516

XIV Convenio Colectivo Otis 2003-04 galego pdf 
folga na fabrica de Gien Francia 14/10/04

CAMPAÑA contra a REPRESIÓN e os DESPEDIMENTOS en ZARDOYA OTIS 15/xullo/04

Otis adquire Eleva, compañía do ascensor centroamericana (17/feb/04) pdf
Accidente mortal en francia (07/ene/04) pdf
Incidentes graves de seguridade (19/dec/03) pdf
modelo fax contra despidos para enviar 19 /dec/03 pdf
Escándalo por pagamento de comisións a políticos en Otis France 19/dec/03 pdf
Nota informativa sobre os plans de formación en Zardoya Otis Convocatoria 2003-04 (10 nov/03) pdf
informe da reunión do comité europeo Otis Madrid 24/octb/03 pdf
informe da reunión do subcomité europeo Otis París 24/sept/03 pdf 18/xuño/03 pdf
nota informativa sobre os plans de formacion 2003-04 8/09/ 2003 pdf
acta da reunión celebrada pola coordinadora estatal cc.oo-otis 21/xullo/03 pdf 27/outubro/03 pdf
Otis consegue o contrato para o World Trade Center Nova York o 15/xullo/2003 pdf
boletin informativo Nº26 mayo 03 pdf / Nº 27 octubro zip Nº28 febreiro zip

OS COMITÉS DE EMPRESA DA DELEGACIÓN DE ZONA DE MADRID DE OTISMADRID 24/09/04

INFORMAMOS DO DESPEDIMENTO DO COMPAÑEIRO FRANCISCO PIZARRO DO CENTRO DE GUADALAXARA.

MALIA HABER UN ACORDO ESCRITO (que temos no noso poder e coñecemos), POLO QUE OS TRABALLADORES EFECTÚAN UN SERVIZO DE 24 HORAS EXCLUSIVAMENTE PARA GUADALAXARA E A SÚA PROVINCIA, ACONTECERON OS SEGUINTES FEITOS:

  • O PASADO 9 DE SETEMBRO, EN XORNADA DE EMERXENCIA, O COMPAÑEIRO PIZARRO RECIBIU A CHAMADA DO SERVIZO DE 24 HORAS PARA ATENDER UN AVISO EN COSLADA. O OPERARIO QUE TIÑA QUE REALIZAR ESTE SERVIZO ENCONTRÁBASE DE VACACIÓNS, A EMPRESA EN NINGÚN MOMENTO SUBSTITUÍRA O DITO TRABALLADOR NIN LLE COMUNICARA A NINGÚN OPERARIO QUE TIÑA QUE CUBRIR O SERVIZO; DESTE XEITO, A EMPRESA DEIXABA SEN SERVIZO DE EMERXENCIAS A TODA A DELEGACIÓN DE ALCALÁ DE HENARES, AGÁS GUADALAXARA. CON ESTA FALTA DE ORGANIZACIÓN, A EMPRESA INCUMPRÍA OS COMPROMISOS CONTRACTUAIS COS CLIENTES.
  • O DÍA 14 DE SETEMBRO, A DIRECCIÓN CONVOCA OS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DE ALCALÁ E DE GUADALAXARA. A REUNIÓN TRANSCORREU NUN AMBIENTE DE INTIMIDACIÓN, ABUSO DE AUTORIDADE E ACTITUDE INSULTANTE POR PARTE DA DIRECCIÓN, QUE, ENTRE DESCUALIFICACIÓNS, INCULPARON OS TRABALLADORES DA PROPIA INEPTITUDE DA EMPRESA.
  • O DÍA 23 DE SETEMBRO ENTREGÁRONLLE AO COMPAÑEIRO PIZARRO A CARTA DE DESPEDIMENTO.

OS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES NON PODEMOS PERMITIR QUE ESTE TIPO DE AGRESIÓN, QUE NOS AFECTA A TODOS, SE PRODUZAN NA EMPRESA.

POR ESTE MOTIVO, CONVOCÁMOSVOS A UNHA ASEMBLEA ONDE EXPLICAREMOS MÁIS POLO MIÚDO ESTES FEITOS E PREPARAREMOS AS MEDIDAS QUE TOMEMOS PARA QUE O COMPAÑEIRO SEXA READMITIDO.

A ASEMBLEA TERÁ LUGAR O VINDEIRO 30 DE SETEMBRO, XOVES, ÁS 19 HORAS, NA RÚA LOPE DE VEGA Nº 38, SALÓN DE ACTOS (soto).

AGARDÁMOSVOS.

Otis reorganiza a súa actividade para Europa en tres áreas (Xullo 2004)

O presidente de Otis Elevator, Ari Bousbib, anunciou o 19 de xullo por intranet que reorganizará Otis en tres áreas para Europa.

Segundo as informacións da compañía estadounidense, con estes cambios revitalizarase e mellorarase o mercado, amais de asegurarse a continuidade do crecemento das compañías en Europa. Terá carácter efectivo desde o mes de agosto.

Unha vez máis e como vén sendo habitual, Otis non respecta os acordos de información e consulta para os traballadores europeos, e comunica as súas decisións por intranet cando xa están tomadas, obviando as canles que as directivas europeas impoñen a todas as empresas destas características.

Esta falta de comportamento responsable e correcto fixo que o comité de empresa europeo Otis, a través do seu subcomité reducido, xa realizara unha reclamación e protesta á dirección europea de Otis, por este tipo de pautas tan negativas para o diálogo social. Esta nova reorganización queda deste xeito:

Área Norte e Este de Europa (NEEA) Francia, Suíza, Benelux (Bélxica, Holanda e Luxemburgo), Rexión Nórdica (Dinamarca, Finlandia), Estados Bálticos (Letonia, Lituania, Estonia, Noruega e Suecia), Marrocos, Rusia, Ucraína, Kazajstán e Acerbaixán. O presidente será Bruno Grob.

Área Sur Europea e Medio Este (SEMA) España, Portugal, Italia, Grecia, Chipre, grupo Medio Este (Exipto, Kuwait, Líbano, Arabia Saudita, Emiratos Árabes, Turquía). O presidente será Mario Abajo.

Área Centro Europa (UCEA) Reino Unido, Irlanda, Alemaña, grupo Centro Europa (República Checa, Hungría, Polonia, Croacia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Austria). O presidente será Didier Michaud como novo nomeamento.

De primeiras, e sen termos coñecemento da información oficial, podemos pensar que estes cambios se deben máis a estratexias internas de influencia nos mercados da compañía que a intereses claros da ampliación económica europea. Da anterior organización, a máis prexudicada parece ser Alemaña, que pasa de ser un país dominante nas áreas de influencia de Europa Central a ser un país da área controlada desde o Reino Unido, que é, sen dúbida, o país máis beneficiado de todos estes movementos. España perde a influencia sobre o Reino Unido e mantén os demais países do seu mercado.

Sevilla.- Xulgan dous ascensoristas pola caída dun aparello con dúas persoas dentro nas Tres Mil Vivendas SEVILLA, 15 (EUROPA PRESS)

Un Xulgado do Penal de Sevilla deixou visto para sentenza un xuízo contra dous ascensoristas acusados de imprudencia profesional ao non actuaren sobre un elevador en mal estado que finalmente caeu ao baleiro con dúas persoas dentro.

O ascensor ceibouse o 12 de abril de 2003 nun edificio de oito plantas da rúa Escultor Sebastián Santos, na barriada das Tres Mil Vivendas, logo de varios veciños teren denunciado varias veces as súas condicións ante o temor dun suceso deste tipo, pero só conseguiran algunhas inspeccións pero non a súa substitución.

Fontes xudiciais indicaron a Europa Press que o avogado que se está a encargar da acusación privada visitara o edificio dous días antes de ocorreren os feitos e que mesmo lera un informe realizado por un técnico, pero os ascensoristas que inspeccionaron o aparello non creron conveniente cambialo a pesar de teren apreciado o rozamento dos ferros e uns ruídos fóra do normal.

Aquel día, o ascensor finalmente caeu cando un mozo duns 23 anos e mais outra persoa de máis de 50 anos estaban no seu interior indo do primeiro ao cuarto andar. En subindo polo segundo, comezou a descender e sentiuse un estrondo forte provocado ao venceren os sistemas de acuñar.

Ambas as persoas sufriron erosións de carácter leve; o home máis vello bateu entón contra algo cando trataba de saír do ascensor axudado polo mozo —compañeiro da súa filla—, tras un outro movemento brusco do elevador, sobre o que caeron varias vigas de formigón, afortunadamente, de maneira cruzada.

Aínda que en principio o Xulgado de Instrución arquivou o caso, a Audiencia acordou a apertura de dilixencias previas e un Xulgado do Penal xa viu a causa, que está á espera de sentenza. No xuízo declararon, amais dos dous acusados, a presidenta da comunidade de propietarios, algunhas testemuñas, veciños e prexudicados, que reclaman unha indemnización duns 1.800 euros.

A acusación mantén a forma incorrecta de actuar de ascensoristas e empresa polo que consideran falta de mantemento na zona e de revisións exhaustivas, o que provocaron un accidente que non causou graves consecuencias.

As devanditas fontes apuntaron que os acusados recomendaran o engraxamento do elevador e informaran de que os ruídos non tiñan especial importancia; por iso se viron tamén sorprendidos por este suceso, por causa do cal se enfrontan ademais a unha inhabilitación dun ano.

Accidente grave de autónomo en Zaragoza. 8/07/04

Un traballador autónomo S.A.B. de 31 anos de idade que realizaba unha montaxe para Otis na rúa Sagrado Corazón, 33, o 14 de xuño ás 13,30 horas, fracturou un xeonllo ao caer da escada onde se atopaba, cando estaba realizando o planeamento no foso.

Evidentemente, estamos a investigar e tratar de nos informar por canles máis oficiais. Todo parece apuntar a que o compañeiro accidentado non debeu ter seguido algún procedemento de seguridade.

Cada día estamos máis certos de que a empresa agóchalles os accidentes aos representantes dos traballadores ou, cando menos, en moitos casos infórmaos tarde de máis.

6 marzo 2004 . Zardoya Otis gaña 116.1 millóns de euros en 2003 (19.317 mil. das vellas ptas.)

Otis en 2003 sobe 18,4 % MADRID (Reuters) –1 marzo
O fabricante de ascensores Zardoya Otis dixo que o ano pasado o seu beneficio neto atribuíble aumentou en 116,1 millóns de euros, desde os 98,1 millóns de 2002. O beneficio bruto foi de 179,9 millóns de euros, un 15,8 % máis que no ano 2002.
No mesmo período, as vendas creceron un 5,1 % ata alcanzar os 636,4 millóns de euros.
O resultado bruto de explotación subiu a 191,1 millóns de euros desde 170,8 millóns de euros en 2002.
Na área de servizos (mantemento, reparacións, substitucións, modernizacións) aumentou tamén un 6,5 %, ata alcanzar os 431,6 millóns de euros, o que supuxo un 65 % das vendas consolidadas.
As unidades de mantemento en contrato ao cerre do ano pasado eran de 203.477, o 4,6 % máis que no ano 2002.
A carteira pendente de contratos para executar chega aos 109,9 millóns de euros, dato equivalente a 8 meses de actividade en segmento das novas instalacións.
Zardoya Otis conta cun cadro de persoal de 5.045 persoas (1,42 % máis que no ano anterior) e está participada nun 51 % por Otis Elevator, unha división de United Tecnhnologies Corporation.

Zardoya Otis aboará un dividendo bruto de 0,145 euros por acción a partir do día 10 de marzo
MADRID, 01 (EUROPA PRESS) O Consello de Administración de Zardoya Otis acordou o pagamento do cuarto dividendo con cargo aos beneficios do exercicio 2003, cun importe bruto por acción de 0,145 euros. A data de cobramento será o 10 de marzo.

COMUNICADO

Madrid, 15 de marzo de 2004

Ante o terrible atentado terrorista perpetrado o pasado 11 de marzo, queremos amosar a nosa solidariedade coas numerosas vítimas, e especialmente coa familia do noso compañeiro José María García Sánchez, traballador da delegación de zona de Madrid.

Queremos lembrar a José María como o que foi, un loitador polas liberdades nos peores momentos da nosa historia, un defensor dos dereitos dos traballadores para mellorar a nosa sociedade.

Desde a sección sindical de CC.OO de Zardoya Otis condenamos este brutal atentado.

Finalmente, queremos agradecer as mostras de solidariedade que recibimos, coa certeza de que estas condolencias han ser transmitidas á súa familia e amizades.

Sección Sindical de Comisións Obreiras de Zardoya Otis.

Madrid 26/feb/2004
á/a Sr. Presidente Otis Elevador (Sr. Ari Bousbib)
C/C Sr. Mario Abajo (SEA), conselleiro delegado Zardoya Otis S.A.;
Sr. Pedro Sainz de Baranda, director xeral Zardoya Otis.
Desde a súa última visita á fábrica de Madrid, o 5 de novembro de 2002, seguimos agardando que a empresa tome unha decisión sobre a compra de terreos e o posible traslado das instalacións.
A dirección española infórmanos de que están á espera das súas decisións, e que a súa previsión é que nós teñamos un CLC (contract logistics center), onde se fabricarán uns compoñentes, embalaxes e loxística de produtos.
A nosa opinión é que, se isto acontece, a carga de traballo e mais a actividade industrial da factoría diminuirán, e como consecuencia, pode significar unha perda de postos de traballo.
Queremos facerlle chegar a nosa preocupación permanente pola falta de claridade e información sobre o futuro da fábrica e os nosos postos de traballo.
Por favor, respondan:
Cando pensan contestar as nosas preguntas?
Cando pensan autorizar a compra de terreos para trasladar a factoría?
Cando se producirá esta operación?
Esperamos as súas noticias. Saúdos cordiais desde Madrid.
(Comité de empresa da fábrica Madrid)

Venda ilegal da fábrica de OTIS en Bombay ( 12/01/04)

Na India houbera un pouco de desenvolvemento ultimamente. Pero o 30 de decembro de 2003, preto de douscentos obreiros foron sorprendidos cun aviso nas reixas de fábrica de OTIS en Bombay de que a fábrica fora vendida a algunha compañía local chamada UNITED WHITE METAL LIMITED (a existencia desta empresa é un interrogante para nós). Aos obreiros déronlles a opción de aceptaren o novo patrón ou seren recolocados.
A compañía leva varios anos tentando librarse dos obreiros da fábrica de Bombay con moitas dificultades, dándolles algún incentivo para que estes optasen polas xubilacións anticipadas —a maioría das veces, intimidándoos para aceptaren a xubilación anticipada—. Pensamos que xa poderían ter reducido o cadro de persoal de 950 obreiros —que eran en 1992— ata os douscentos, en 2002 , mediante estas tácticas.
Entre mentres, a empresa construíu unha nova fábrica en Bangalore, tamén na India, que non ten ningunha forza sindical. Os sindicatos de Bombay están buscando as accións legais necesarias contra OTIS (a opinión legal neste caso de transferencia da fábrica de OTIS é a de ser un incumprimento claro da lei). Pero como o sistema legal na India móvese moi de vagar, e case nunca se dá cumprido o que decide, calquera tregua neste asunto levaría o seu tempo. Tamén se están a preparar outras accións de protesta.
Harish Pujari > (Representante Sindical de Otis India).

 

Otis adquire a compañía de ascensores Amtech (1 septembro 2003)
Na terceira semana de agosto chegáronnos algunhas informacións de Otis EUA. Velaquí a información que transmitiu a compañía en España.
Otis amplía o seu mercado nos Estados Unidos

Otis Elevator Company completou satisfactoriamente a compra de Amtech Elevator Services, o que lle permite ampliar a súa carteira de ascensores e escaleiras mecánicas en mantemento, reparación e modernización nos Estados Unidos.

Amtech, antiga filial do grupo industrial ABM, é unha das maiores contratistas independentes de ascensores e escaleiras mecánicas nos Estados Unidos, cunhas vendas que o ano pasado ascenderon a 113,9 millóns de dólares e operacións en vinteún estados.

«Amtech representa unha oportunidade excelente de crecemento para Otis», sinalou Ari Bousbib, presidente de Otis Elevator. «Queremos rendibilizar a presencia de Amtech e a súa gran reputación nos principais mercados do país para aumentar as posibilidades de negocio».

Con sede en Anaheim, California, Amtech posúe oficinas rexionais nas principais áreas metropolitanas. Na súa ampla carteira de clientes atópanse universidades, aeroportos, hoteis, casinos, centros de congresos, edificios de oficinas, hospitais, instalacións industriais e complexos deportivos.

«Os empregados de Otis levan traballando un século e medio para servir os nosos clientes coa tecnoloxía máis avanzada e uns niveis de calidade de primeira orde», engadiu Bousbib. «Estamos desexando estender o noso compromiso de servicio e tecnoloxía a estes novos mercados».

Otis é o principal fabricante e mantedor de productos para o transporte vertical de persoas, incluíndo ascensores, escaleiras mecánicas, plataformas móbiles e lanzadeiras. O mes pasado, Otis conseguiu o contrato para instalar trinta e dous ascensores no edificio 7 do World Trade Center, o primeiro que se levantará como parte da reconstrucción da ‘zona cero’ do baixo Manhattan. Así mesmo, Otis conseguiu recentemente o contrato para instalar 111 ascensores e escaleiras mecánicas nun centro comercial en Guangzhou, na China, o máis grande de Asia.

(4 de agosto 2003) Ari Bousbib(30/07/03) , presidente de Otis, comunica que para o 2 de setembro de 2003 anunciará cambios na organización de enxeñería e operacións.
Todo é debido, segundo informacións vindas desde EUA, á decisión da UTC de que Olivier Robert, director de fabricación mundial e vicepresidente de operacións e enxeñería, dirixa a nova compañía Chubb, acadaba de mercar pola UTC (Chubb é a sexta multinacional e opera nos países seguintes: Australia, Bélxica, Canadá, China, Timor Oriental, Francia, Alemaña, os Países Baixos, Hong Kong, Irlanda, Corea, Macao, Nova Zelandia, Singapur, Africa do Sur, España, Taiwán, Tailandia, Reino Unido e os Estados Unidos, cun total de 48.000 persoas empregadas. Esta empresa tivo, tradicionalmente, dous productos: o seu negocio principal, a seguridade e as alarmas de lume e tecnoloxía, mailos servicios de vixilancia).
O señor Bousbib —nun escrito co seu habitual ton paternalista— deu unha breve explicación da súa traxectoria histórica e dos magníficos logros conseguidos por el como directivo da Otis durante case dúas décadas.
Desde o noso punto de vista non podemos ser imparciais. Lembremos que as decisións deste directivo non teñen sido moi beneficiosas para os asalariados de Otis, en especial en canto á producción e á fábrica Madrid —o transvasamento da liña de portas a Gien, a transferencia de tecnoloxía do ascensor sen cuarto de máquinas Madrid 99 a Cernusco ou o último transvasamento dos bastidores do Madrid 99 tamén para Italia— e sobre todo, ás máis de 17 factorías pechadas no mundo e que se lle poden atribuír ó seu mandato, e diso si que podemos facer historia.
Evidentemente, desde o punto de vista do capital, a multinacional e os accionistas poden ter resultado beneficiados abondo, xa que as reestructuracións e a racionalización —o peche de fábricas— das produccións en todo o mundo maila eliminación dos custos —a subcontratación a provedores máis baratos— incrementaron os dividendos da multinacional norteamericana; en resumo, iso é o que interesa ó final do ano.
Pois parece que, desafortunadamente, xa sabemos o que lles espera ós traballadores e traballadoras da Chubb co señor Robert, ¿non vos parece?
Das informacións que nos transmite o noso benquerido presidente M. R. Bousbib tírase que calquera cambio na organización significa “ir para peor”. Algúns habémonos librar, pero outros hanse ver prexudicados polas magníficas ideas que toman a miles de quilómetros directivos de “Conectika”.
O día 2 de setembro saberemos algo máis, pero a nós xa nos cheira; por iso, preocúpano-la situación da enxeñería I+D de Madrid, asemade das restantes de Europa.
A paralización dos investimentos e a reestructuración do persoal deste ano abrírono-los ollos: non ten intención ningunha a multinacional de potencia-los centros de investigación e desenvolvemento de Europa, non se traballa en nada novo e seguiremos cos mesmos modelos de ascensores. Só contan reduci-los custos actuais. Agora parece máis rendible investiren en países asiáticos e trasladaren algunhas produccións, como as escaleiras mundiais, de Alemaña para a China. >>> Continuaremos informando.
Otis consegue o contrato para o World Trade Center , Nova York fonte: Zardoya Otis S.A. o 15 de xullo de 2003

A empresa Otis conseguiu un contrato para instalar 32 ascensores no World Trade Center, o primeiro edificio que será construído, como parte do desenvolvemento da “zona cero” de Manhattan. Otis fai parte do grupo United Tehnologies Company (NYSE:UTX).

O novo edificio substituirá aqueloutro World Trade Center orixinal que foi destruído o 11 de setembro de 2001 por ataques terroristas.
O proxecto baséase nunha torre de trinta mil millóns de metros cadrados de espacio para oficinas. A torre incluirá 29 ascensores de pasaxeiros e tres servicios para coches. "Otis esta orgullosa de estar entre as primeiras compañías que axuden a reconstruí-lo centro da cidade de Manhattan", dixo Ari Bousbib, presidente de Otis, "orgulloso unha vez máis de participar nun proyecto conxunto cos que foran os primeiros clientes da construcción”. Contan remata-lo proxecto contra finais de 2005.
O edificio é propiedade de Silverstein Properties e os arrendamentos exclusivos dos terreos pertencen á autoridade do porto; a Tishman Corporation é a constructora xeral.
O edificio ocupará o bloque da cidade estremeiro coa rúa Barclay, polo norte, coa rúa de Vesey polo sur, coa rúa de Washington polo oeste e mais coa rúa Greenwich polo este.
Otis xa tivera o mantemento desta compañía no World Trade Center no momento do derrubamento; tamén mantivera unha parte da zona comercial en 1971, cando fora da instalación de 327 ascensores e escaleiras mecánicas, amais do mantemento das instalacións ata 1994.

"A historia de Otis empezou na cidade de Nova York, onde Elisha Graves Otis presentou as primeiras seguridades de freos e instalou os primeiros ascensores para pasaxeiros do mundo. Desde entón, as persoas de Otis teñen axudado a crea-la skyline de Nova York e mais doutras grandes cidades do mundo". Desta volta, dixo Bousbib, "as persoas de Otis están á espera de volver desempeñar un papel importante nesta reconstrucción" histórica.

Otis é unha compañía subsidiaria totalmente de UTC, o fabricante máis grande do mundo, que ten as súas oficinas centrais en Farmington, Connecticut, EUA, onde Otis ten empregadas máis de 155.000 persoas, ofrece servicios e productos a máis de 200 países e leva o mantemento de máis de 1.35 millóns de ascensores e escaleiras mecánicas no mundo enteiro.

E volta e dálle - NOVA PERSECUCIÓN SINDICAL EN CÁDIZ (05/07/03)
Non é a primeira vez que ocorre que a dirección de OTIS empregue métodos policiais ou investigue con detectives os traballadores que están de baixa laboral ou que están a traballar, por ver se os pode despedir. Semella, desafortunadamente, que todos estamos expostos a que a dirección de recursos humanos de Zardoya-Otis nos espíe.
¿E quen di que nada máis nos investigan cando estamos de baixa ou no traballo?, ¿quen di que non coñecen a nosa intimidade? As liberdades individuais das persoas e vidas privadas, ¿que é iso para a dirección? ¿E non vai ser que son uns enfermos, uns miróns? ¿Gústalles investigar en nós, nos representantes e mais nos traballadores, que consideran “conflictivos”?
Somos moitas persoas a traballarmos nesta empresa que non estamos de acordo co xeito nin cos métodos que está a emprega-lo departamento de recursos humanos para face-lo seu traballo. Haberá que lles dar a eses directivos unha resposta “acorde coas súas maneiras de traballar” xa que non respectan algunhas cuestións ben envidentes nesta sociedade onde nos obrigan a vivir.
O compañeiro Antonio Pérez, membro do comité de empresa da dirección de zona de Cádiz, tivo que denunciar e redactar unha acta de instrucción perante a policía de Sevilla por causa dos graves feitos acontecidos o día 2 de xullo deste ano contra a súa persoa e maila súa familia.
Durante unha viaxe que facía de San Lucar a Sevilla, o compañeiro decatouse de que un coche andaba a seguilo, polos estraños movementos e as brusquidades que este realizaba. Temendo que se tratase dalgún mal entendedido con el, deixou súa muller e súa sogra no hospital Virgen del Rocío para que lles pasase mal ningún. A seguír, foi ata o aparcadoiro do Corte Inglés e logo á sede de CC.OO. da cidade, e o individuo alí o seguía. Foi daquela cando contou o que lle estaba a suceder a uns compañeiros, que saíron de contado á rúa xunta con el e repararon que o fulano estaba nunha praza próxima.
Evidentemente, poñéndose no peor, e que lle podía suceder algo grave, decidiron chamar á policía, que acudiu ó local e, tras obrigar ó perseguidor a se identificar, coñeceron que se trataba dun detective privado supostamente contratado por Zardoya-Otis.
O compañeiro xa dispón dun avogado para defender esta denuncia; a penas falta o procurador e para a semana vindeira o avogado poñerá en marcha este tema tan desagradable e bochornoso provocado directamente pola dirección de recursos humanos da empresa.
Dános en pensar que o motivo do acontecido, que acabamos de relatar, veña dado por un conflicto laboral vixente, xa que a dirección non deu chegado a un acordo cos traballadores e, parece ser, que a convocatoria de folga das gardas na provincia de Cádiz non lle acaeu ben de todo á mente revirada dalgún directivo.
Debemos reprobar, como traballadores, como representantes dos traballadores e, sobre todo, como persoas esta política e esta actitude da dirección do persoal de recursos humanos de Zardoya-Otis S.A., por demostrar unha clara incompetencia e falta de profesionalidade por resolve-los problemas e as relacións laborais da empresa. No canto de procura-lo diálogo social e o equilibrio nas relacións laborais, emprega métodos escuros para se desfacer dos representantes dos traballadores que os amolan.
¡¡Compañeiros/as: ollo coa toupa, vixílanos!!
A UTC compra , a sexta compañía de seguridade máis grande do mundo (Chubb ) 23/06/03

A UTC compra Chubb, multinacional que opera nos países seguintes: Australia, Bélxica, Canadá, China, Timor Oriental, Francia, Alemaña, Os Países Baixos, Hong Kong, Irlanda, Corea, Macau, Nova Celandia, Singapur, África do Sur, España, Taiwán, Thailandia, Reino Unido e os Estados Unidos, cun total de 48.000 persoas empregadas.
Esta empresa tivo tradicionalmente dous productos: un é o seu negocio principal —a seguridade e as alarmas de lume e tecnoloxía—; o outro, os servicios de vixilancia.
A pregunta que inmediatamente se fan os técnicos financeiros é se A UTC manterá esta empresa dentro do grupo ou, pola contra, venderaa.

O pasado mércores pola noite, o grupo industrial americano anunciou que estaba de acordo na compra de Chubb por un billón de dólares. Ofreceu 75 peniques (1,25 dólares) por acción, en diñeiro en efectivo para Chubb, o que significa valora-la compañía en 622 millóns de libras esterlinas.

UTC tamén asumirá a débeda de Chubb, que ascendera a 473 millóns de libras, a finais de decembro, e ata 566 millóns a finais de abril. UTC asegurou que o trato sería superior ás ganancias; e George David, o seu xefe executivo, afirmou que Chubb “encaixa perfectamente na mestura de negocios de UTC e maila súa estratexia de adquisicións”.

O señor Robert Horton, presidente de Chubb, dixo que o grupo do Reino Unido tiña clara a estratexia e o potencial "a longo prazo" desta empresa, e considera que ese potencial poderá espallarse mellor e máis axiña dentro dun grupo máis grande, como é UTC”.

Chubb, a sexta empresa de seguridade máis grande do mundo, anunciara hai case oito semanas que recibira unha oferta, pero unha semana despois a empresa sorprendeu a todos con esta venda.